O Castro de Caldelas celebra o xoves a XXIX Feira do Gando Vacún

RibeiraSacraXa
O concello ourensán organiza unha nova edición desta cita gandeira, que inclúe xornadas de desinfección dos transportes, concurso e desfile de animais, ademais dunha comida popular no recinto feiral
XXIX Feira de Gando Vacún Castro Caldelas
9 Sep 2026

O Concello do Castro de Caldelas acollerá o vindeiro 10 de setembro a trixésimo novena edición da Feira do Gando Vacún, unha cita tradicional que combina actividades gandeiras coa celebración dun concurso, unha exposición e un desfile de carros e xugadas.

Os preparativos comezarán o día anterior, 9 de setembro, coa apertura do centro de desinfección ás 16.30 horas, que permanecerá en funcionamento ata as 20.00 horas. Dende a organización lémbrase que os vehículos empregados para o transporte do gando deberán chegar xa limpos ás instalacións.

Xa o día da feira, 10 de setembro, o centro de desinfección seguirá aberto para as labores de lavado, desinfección e desinsección dos transportes. O recinto feiral, pola súa banda, abrirá as súas portas ás 11.00 horas. Para o desfile de animais admitirase gando de calquera raza.

A xornada incluirá tamén unha comida popular no propio recinto feiral, cun menú composto por empanada, carne ao caldeiro ou churrasco, sobremesa e viño, cun prezo de 20 euros. Ademais, disporase dun posto de polbo á marxe do menú principal. Quen desexe participar na comida deberá facer a súa reserva chamando ao teléfono 626 23 05 57.

A feira está organizada coa colaboración da Deputación de Ourense, o Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), Ourense Termal e a Xunta de Galicia, a través do Concello do Castro de Caldelas.

0.14566802978516