O Concello de Quiroga e a Deputación de Lugo avanzan en materia de eguridade e convivencia cidadá

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, copresidiu este luns xunto ao alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, unha nova reunión da Comisión Local de Seguridade, un encontro no que tamén participaron representantes da Garda Civil co obxectivo de reforzar a coordinación entre administracións e corpos de seguridade.
Durante a sesión abordáronse distintos asuntos relacionados coa prevención, a protección da cidadanía e a organización dos dispositivos de seguridade no municipio, incidindo na necesidade de manter unha cooperación continua entre as distintas institucións para dar resposta ás necesidades da veciñanza.
No transcurso da reunión tamén se puxo o foco na importancia da coordinación institucional para garantir unha actuación eficaz en materia de seguridade cidadá e convivencia.
A subdelegada do Goberno destacou o traballo que desenvolven as forzas e corpos de seguridade, especialmente nos municipios de menor tamaño, e reiterou o compromiso do Executivo estatal de continuar colaborando co Concello de Quiroga para avanzar na protección da cidadanía e no mantemento da convivencia no municipio.