O Concello da Pobra de Trives desenvolve traballos de desbroce e limpeza en diferentes zonas do municipio

RibeiraSacraXa
As actuacións desenvolvéronse durante a semana en núcleos urbanos, espazos públicos e vías co obxectivo de mellorar o mantemento, a seguridade e a prevención de incendios
xardins-trives
4 Jul 2026

O Concello da Pobra de Trives segue avanzando nos traballos de desbroce e limpeza en distintos puntos do municipio dentro das actuacións de mantemento programadas para mellorar o estado dos espazos públicos e das vías de comunicación.

Ao longo da semana executáronse actuacións na Cal, no Punto Limpo, no perímetro das piscinas municipais, en Maravilla e en Corbal, co propósito de acondicionar estas zonas e mellorar a súa conservación.

As tarefas tamén chegaron á rúa Real e ás contornas do polideportivo e do centro de saúde, así como a diferentes áreas da Maravilla, onde se realizaron labores de limpeza e retirada de vexetación.

Ademais, durante a xornada do mércores os traballos trasladáronse a Vilanova, San Roque e á estrada de Escuadrio.

Segundo sinala o Concello, estas actuacións buscan mellorar as condicións de seguridade viaria, contribuír ao coidado e á imaxe dos espazos públicos e reforzar as medidas preventivas fronte ao risco de incendios.

0.13139510154724