O Concello da Pobra de Trives realiza actuacións de mantemento na Rúa Real e en distintos espazos públicos do municipio

O Concello da Pobra de Trives continúa desenvolvendo actuacións de mantemento e mellora en diferentes puntos do municipio coa realización de traballos destinados á conservación de infraestruturas e espazos públicos.
Durante a pasada semana executáronse pequenas actuacións de albanelería na Rúa Real, onde se procedeu á reposición de bolardos e á reparación de varias lousas de pedra co obxectivo de mellorar tanto o estado da vía como as condicións de seguridade.
Paralelamente, continuaron os labores de desbroce en distintos puntos do termo municipal dentro das tarefas periódicas de conservación e acondicionamento.
Os traballos desenvolvidos incluíron tamén actuacións de limpeza no parque infantil da praza e na zona do pilón, co fin de manter estes espazos en condicións adecuadas para o seu uso por parte da veciñanza.