Taboada incorpora novo equipamento ao parque de maquinaria municipal para mellorar os traballos forestais e de mantemento

RibeiraSacraXa
A adquisición realizouse a través dun convenio coa Deputación de Lugo e inclúe unha cizalla forestal e un xogo de rampas de carga.
novo-equipamento-taboada
27 Jun 2026

O Concello de Taboada vén de incorporar dous novos equipamentos ao parque de maquinaria municipal, unha actuación que se materializa grazas a un convenio asinado no mes de decembro entre o alcalde, Roi Rigueira, e a Deputación de Lugo.

Por unha banda, o municipio adquiriu unha cizalla forestal acoplable á pala, que permitirá cortar pólas que sobrevoen as vías municipais con maior rapidez e seguridade, facilitando os traballos de limpeza e mantemento.

Por outra, o Concello suma un xogo de rampas de carga concentrada cunha capacidade de 3.700 quilos, que posibilitará cargar no camión o dumper e a minipala municipais. Esta mellora permitirá que a maquinaria poida desprazarse e operar nas 27 parroquias do concello.

0.12634205818176