Ribas de Sil instala un novo reloxo-termómetro con higrómetro tras a substitución do antigo equipamento

RibeiraSacraXa
O novo dispositivo, de maior tamaño, incorpora medición de humidade relativa e supuxo un investimento de algo máis de 1.500 euros financiados con fondos dun contrato de equipamento urbano
ribas-de-sil-novo-reloxo
19 Jun 2026

O Concello de Ribas de Sil vén de instalar un novo reloxo-termómetro tras o remate da vida útil do anterior dispositivo, que quedara fóra de servizo hai tres meses.

O novo equipamento, de maior tamaño que o anterior, incorpora como novidade un sensor para medir a humidade relativa do aire, funcionando como higrómetro. Este parámetro permite complementar a información meteorolóxica, xa que inflúe directamente na sensación térmica: a maior humidade, maior sensación de calor no verán e de frío no inverno.

O investimento total desta actuación ascendeu a algo máis de 1.500 euros, financiados grazas á baixa obtida no contrato de subministración de equipamento urbano, que inclúe elementos como bancos, papeleiras, sinais de tráfico ou cubrecontedores, cuxa instalación aínda está pendente de completarse.

0.12401604652405