A Pobra do Brollón pon en marcha un novo Servizo gratuíto de mediación de alugueres

RibeiraSacraXa
Está dirixido tanto a propietarios como a inquilinos
servizo-asesoramento-vivenda-alugueiro-brollon
13 Jun 2026

O Concello da Pobra do Brollón presentou esta venres o novo Servizo gratuíto de mediación de alugueres, que se pon en funcionamento a través das oficinas de Servizos Sociais co obxectivo de atraer e fixar poboación no municipio.

Esta iniciativa xorde ante o incremento da demanda de vivenda en aluguer e o descoñecemento detectado sobre dereitos e obrigas tanto de propietarios como de inquilinos, unha situación que pode xerar inquedanzas no momento de formalizar un arrendamento.

O servizo inclúe tres liñas principais de actuación: a creación dun rexistro de propietarios e inquilinos interesados, a información e asesoramento sobre dereitos e obrigas así como sobre axudas e subvencións dispoñibles, e a mediación entre ambas partes para facilitar o entendemento e favorecer acordos.

As persoas interesadas, xa sexan propietarios que desexen arrendar unha vivenda ou potenciais inquilinos, poden contactar coas oficinas de Servizos Sociais no teléfono 982 430 447 ou acudir presencialmente á Casa da Cultura “Olga Novo”, na 1ª planta, en horario de 9:00 a 13:30 horas.

0.12900900840759