Novas de Taboada
Taboada proxecta este domingo o documental 'Ao son da nova regueifa' dentro do Ciclo Mestre Mateo
O Cuartel Vello acolle a última proxección do ciclo, seguida dun obradoiro gratuíto sobre esta tradición oral galega
Taboada incorpora un vehículo todoterreo para reforzar os servizos municipais no rural
O novo vehículo, financiado mediante un convenio coa Deputación de Lugo, busca mellorar a seguridade do persoal municipal e a atención ás parroquias
Taboada completa varias obras de mellora en Esperante, Cerdeda e Mato
As actuacións realizáronse en Vila, nas Tabernas e en Quinzán do Carballo mediante un convenio coa Deputación de Lugo
Taboada pon en marcha a nova tempada deportiva con actividades ata decembro
A programación inclúe pilates, ximnasio, escolas deportivas, ximnasia de mantemento e pádel, con incorporacións escalonadas entre outubro e decembro
Taboada continúa coas melloras na súa rede viaria graznas aos equipos do Parque Móbil da Deputación de Lugo
Os traballos incluíron actuacións nas parroquias de Arxiz, Torre e Couto, así como no acceso ao lugar de Bosende
O Concello de Taboada prepara unha nova rolda de reunións coas parroquias para coñecer as demandas veciñais
O alcalde, Roi Rigueira, anuncia novos encontros tras a primeira quenda de xuntanzas celebrada hai ano e medio en todas as parroquias do municipio
Taboada reclama á Xunta que manteña os servizos sanitarios tras as próximas xubilacións médicas
A moción foi aprobada por unanimidade no Pleno municipal, co apoio dos grupos do BNG, PP e PSOE
Alberto Fidalgo, deportista de Taboada, logra dous podios e un premio á mellor técnica no Mundial de Marcha Nórdica
O competidor colgouse unha medalla de bronce nos 20 km e quedou quinto nos 10 km, ademais de recibir a distinción á mellor técnica masculina da proba longa, na cita disputada en Lahti (Finlandia)
Quedan horas para sumarse á Escola de Música de Taboada este curso
O prazo de inscrición péchase este 16 de setembro e as prazas de horario asígnanse por orde de chegada
Taboada remata dúas actuacións de mellora nas vías municipais de Santiago de Cicillón
Os traballos, executados nas últimas semanas, permitiron acondicionar un tramo que conecta distintos núcleos da parroquia, así como o interior dun dos lugares afectados
Taboada celebrará o vindeiro 26 de setembro unha nova edición da súa Carreira Popular
O evento contará con tres probas diferentes, entre elas unha carreira absoluta de 10 quilómetros, e as inscricións xa están abertas
Taboada incorpora novo equipamento deportivo no local da asociación de xubilados
O Concello adquiriu unha cinta de correr, unha bicicleta elíptica e un ergómetro para uso das persoas maiores do municipio
Taboada estrea mobiliario e nova sinalización para facilitar as visitas no Penedo do Cuco
A paraxe situada á beira do Miño incorpora dúas mesas con asentos, unha tumbona e indicacións nos cruces desde Friamonde
Taboada reforza a sinalización do Monte do San Cristovo para impulsar o seu uso deportivo e ambiental
Dous novos paneis informativos facilitan o acceso ao sector de escalada Pena de Núñez e poñen en valor o patrimonio natural e histórico da zona
Taboada mellora os equipamentos públicos de Xián coa recuperación da Fonte do Rubado
O Concello e a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Xián colaboraron na actuación, que incluíu tamén a pavimentación da contorna e a instalación de bancos
Taboada vivirá a eclipse solar de 2026 cunha xornada de astronomía en Castelo
O Concello de Taboada organiza este mércores unha xornada divulgativa na parroquia de Castelo, con charlas de astronomía e protección ocular antes de subir ao castro para observar a eclipse. A organización avisa de que xa non se repartirán lentes protectoras no propio acto por esgotamento das existencias
Taboada despide as Festas dos Milagres 2026 coa Festa do Oso na Medela e unha gran verbena na Alameda
A xornada deste luns 10 de agosto reunirá música, festa da escuma nas piscinas municipais e a actuación da Orquestra Charleston Big Band, que pon o broche final a unhas festas patronais marcadas pola participación veciñal
Eventos
Taboada celebra as Festas dos Milagres con música, teatro, cinema e actividades para todos os públicos
As celebracións desenvolveranse até o luns 10 de agosto e terán como xornada central o sábado
Extinguido o incendio de Taboada mentres seguen controlados os de Monfero-Guitiriz e Ourol
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
Controlados os incendios de Monfero, Guitiriz e Taboada e estabilizado o de Ourol
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
Estabilizados os incendios na parroquia taboadense de Insua e na de Cameixa en Boborás
O primeiro lume iniciouse onte ás 16,44 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas
A Carreira Popular "Entre pazos e carballos" regresará a Taboada o 26 de setembro
A cita terá probas de 10 e 5 quilómetros, carreiras escolares e degustación gratuíta de produtos locais para os participantes
As instalacións deportivas do CPI San Tomé do Carballo serán de uso público durante o verán
Un acordo entre o centro educativo e o Concello permitirá utilizar as pistas de baloncesto, voleibol e fútbol sala durante xullo e agosto
O Festival Atlántica chega a Taboada este venres
A vila acollerá até o domingo propostas para público adulto e familiar dentro dun encontro que chegará a 33 concellos galegos










