Taboada vivirá a eclipse solar de 2026 cunha xornada de astronomía en Castelo

Taboada acolle hoxe, mércores 12 de agosto, unha xornada especial con motivo da eclipse solar de 2026. A cita comezará ás 18.00 horas no local veciñal de Castelo, onde terá lugar unha actividade preparatoria antes da observación do fenómeno.
Ademáis, ofrecerase unha breve introdución á astronomía e explicarase como protexer correctamente a vista durante a observación da eclipse.
Ás 19.00 horas, os asistentes subirán ao Castro de Castelo, un miradoiro desde o que se poderá contemplar o fenómeno nunha situación privilexiada. A sombra total da eclipse está prevista para as 20.28 horas.
Aclárase que durante a celebración do evento non se entregarán lentes protectoras, xa que as existencias dispoñibles nas dependencias municipais esgotáronse ante a alta demanda e non foi posible conseguir máis unidades.
A actividade conta coa colaboración da Asociación Cultural Castelo, o Concello de Taboada, a Deputación de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.