A Carreira Popular "Entre pazos e carballos" regresará a Taboada o 26 de setembro

RibeiraSacraXa
A cita terá probas de 10 e 5 quilómetros, carreiras escolares e degustación gratuíta de produtos locais para os participantes
Carreira-popular-Taboada-entre-pazos-e-Carballos
27 Jul 2026

A Asociación Cultural O Carballo de Taboada organiza un ano máis a Carreira Popular de Taboada "Entre pazos e carballos", unha cita deportiva integrada no XII Circuíto Miño Ulla de Carreiras Populares que se celebrará o vindeiro sábado 26 de setembro.

A competición contará con tres percorridos adaptados ás distintas idades e niveis de participación. A proba absoluta, de 10 quilómetros, dará comezo ás 18 horas, a mesma hora na que se disputará tamén a carreira de 5 quilómetros. Pola súa banda, as probas destinadas ás categorías escolares arrancarán ás 19:30 horas e incluirán distancias comprendidas entre os 100 e os 1.500 metros.

A organización entregará a todos os participantes un agasallo ecolóxico e ofrecerá, ademais, unha degustación gratuíta de produtos da zona ao remate das probas, co obxectivo de promover tamén os produtos locais.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes do 24 de setembro a través da páxina web de Championchip Norte. Para obter máis información, a organización habilitou tamén o correo electrónico ac.ocarballo@gmail.com.

0.1277768611908