Sociedade
A residencia de Bóveda incorporará 24 prazas para persoas con discapacidade intelectual e doenza mental
A Xunta destinará 4,5 millóns de euros durante os próximos catro anos para financiar o novo servizo mediante un concerto social
O Concello da Pobra do Brollón advirte de posibles cortes de auga pola limpeza da presa de Loureiro
As posibles incidencias afectarán ás localidades de Pereiro, Domiz, Recemunde, Tudriz, Martul, Vilardeperas, Lamaigrexa, Castroncelos, Vilarmao, Piñeiros, A Estación, Abrence, Frieira, Pinel e A Pobra do Brollón
A campaña ‘Merca no teu comercio’ premia no Castro de Caldelas o consumo no comercio local
O acto contou coa participación do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, no marco dunha iniciativa que este ano percorrerá 40 localidades galegas
O Castro de Caldelas e Montederramo activan un servizo gratuíto de atención psicolóxica e xurídica para mulleres ata o 30 de setembro
O programa, dirixido a mulleres e nenas de ambos os concellos, inclúe tamén apoio á inserción laboral feminina e accións de sensibilización en igualdade
Chandrexa de Queixa realizará un obradoiro de elaboración de perfumes naturais
A actividade desenvolverase no colexio de Celeiros e permitirá aos participantes elaborar os seus propios perfumes en distintos formatos
AGORA renova espazos do seu centro de día e das súas vivendas tuteladas en Monforte
Con fondos do 0,7 % do IRPF, a entidade reorganizou a lavandería e a despensa das vivendas tuteladas e está a acondicionar o almacén e un novo vestiario no centro de día
Chantada conecta artesanía, arquitectura e territorio nunhas xornadas sobre os oficios tradicionais
A iniciativa reunirá en San Cristovo de Mouricios profesionais da arquitectura e da artesanía e completarase cun curso de pinturas naturais os días 28 e 29
Os viños da Ribeira Sacra conquistan 18 medallas de ouro nun certame internacional en Italia
A adega Don Bernardino, de Sober, logrou unha Gran Medalla de Ouro co seu Mencía de Amandi 2025 e outro ouro co Cuarta Xeración de 2022
O CIM Móbil chegará á Teixeira o 14 de setembro para atender ás mulleres do concello
A unidade itinerante do Centro de Información ás Mulleres instalarase diante do centro de saúde da localidade, onde ofrecerá atención, asesoramento e acompañamento en horario de mañá
GaliciaXa
Falar do suicidio como forma de prevención: a importancia de romper o silencio arredor da saúde mental
A Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio e a CIG-Saúde reivindican a necesidade de abordar abertamente esta realidade e reclaman máis recursos para a prevención e a atención
LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
CCOO convoca asembleas para analizar as negociacións dos convenios do Metal e Comercio do Metal
A Peroxa disporá dunha unidade móbil de doazón de sangue este xoves
A localidade contará o próximo xoves cun punto de recollida xunto ao antigo local da Cruz Vermella, en horario de mañá, dentro da campaña de doazón deste verán
Chandrexa de Queixa prepárase para celebrar a XV Festa do Cordeiro
Será este sábado e incluirá degustación gratuíta de cordeiro ao espeto, xantar popular, actuacións musicais e unha gran pancetada para pechar a festa
Nogueira de Ramuín contará cunha unidade móbil de doazón de sangue o vindeiro 9 de setembro
A campaña estival de doazón situará o vehículo sanitario na praza de Luíntra en horario de mañá, dentro da iniciativa 'Este verán doa sangue'
AMariñaXa
Ribadeo leva aos centros educativos novas actividades sobre igualdade e diversidade
A programación inclúe accións contra a violencia de xénero, educación sexual e diversidade, ademais dun proxecto colectivo polo 25N
Pantón pon fin aos seus campamentos de verán infantís tras a participación de 80 menores
Ao longo de xullo e agosto, os participantes desfrutaron de obradoiros, saídas, xogos de auga e outras propostas deportivas e de lecer pensadas para facilitar a conciliación familiar durante a época estival
O Castro de Caldelas recibirá setembro con música, tradición e as Festas dos Remedios
Os Cantos de Taberna, a declaración da Virxe dos Remedios como alcaldesa perpetua, a Noite das Bandeiras e a Ruta das Fervenzas forman parte da programación prevista para este mes
Destinados mais de 36.000 euros a AFA Chantada para a inclusión e o apoio psicolóxico de mulleres coidadoras
Unha convocatoria de axudas autonómica respalda o desenvolvemento de programas de integración social e laboral destinados a este colectivo
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSdeG de Lugo rexeita as concentracións do PP ante a crise de Ceuta e denuncia o uso partidista da FEMP
A piscina municipal de A Peroxa pecha as súas portas mañá tras rematar a tempada de verán
A instalación acollerá hoxe a súa derradeira xornada de baño, antes de baixar a persiana o martes
O Pereiro de Aguiar acollerá unha xornada para coñecer e preservar a toponimia local
A actividade 'Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra' celebrarase o 11 de setembro no Centro de Maiores Os Gozos
Chandrexa de Queixa e Manzaneda propoñen unha xornada para descubrir as pegadas romanas do Bibei
O paseo ambiental e cultural «Rebrota Chandrexa de Queixa-Manzaneda» terá lugar o 6 de setembro e combinará sendeirismo, patrimonio, gastronomía e cultura
Bóveda prepara tres xornadas de festas na honra de San Xil con música e verbenas
As celebracións desenvolveranse desde este luns e incluirán unha gran queimada, sesións vermú, actuacións musicais e verbenas
A rapazada de Ribas de Sil e os maiores de San Clodio volveron compartir unha xornada de convivencia interxeracional
O encontro anual do Campamento de Verán incluíu un bingo, unha merenda e música e baile conxuntos no Centro da Terceira Idade
O encoro de Cachamuiña pecha a tempada cunha elevada participación nas súas actividades de verán
A programación desenvolvida durante dous meses reuniu 478 asistentes e contou con 58 persoas inscritas
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura busca voces para crear unha nova Coral de Nadal
A iniciativa estará dirixida polo cantante Popy Domínguez e percorrerá en decembro diferentes pobos e aldeas do municipio




