O concurso de fotografía CourelSon 26 abre a votación para escoller a imaxe gañadora

RibeiraSacraXa
As 12 fotografías seleccionadas polo xurado profesional pasan á fase aberta ao público, que poderá puntuar as imaxes ata o 25 de outubro
CourelSon-2024
7 Oct 2026

O Concurso de Fotografía CourelSon 26 entra na súa segunda fase coa apertura da votación pública. A iniciativa nace do convenio asinado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel (ADRSC) coa Fundación Nai Terra e busca seleccionar a mellor fotografía vinculada ao ciclo de Jazz e Blues na montaña.

As 12 imaxes que obtiveron a mellor valoración do xurado profesional pasan agora á fase de participación aberta, na que calquera persoa poderá puntuar cada fotografía cunha valoración de entre 1 e 10 puntos.

O prazo para participar permanecerá aberto ata o domingo 25 de outubro ás 23.59 horas. Cada persoa poderá emitir un único voto.

A puntuación obtida polo público sumarase á valoración realizada polo xurado profesional para determinar a fotografía gañadora desta edición.

O premio entregarase o 21 de novembro durante o concerto de Tango Mango en Seoane, actividade que servirá para poñer o punto final ao CourelSon Terra 2026.

0.14999294281006