Sociedade
Manzaneda recupera en outubro as súas actividades gratuítas para todas as idades
A programación inclúe ximnasia de mantemento, pilates, zumba, pandeireta, baile galego e clases de gaita e tambor
GaliciaXa
Vivendas baleiras e alugueiros á alza: as dúas caras da crise habitacional
Os prezos, a falta de oferta, o turismo, as dificultades para mercar e as vivendas baleiras debuxan realidades diferentes pero conectadas
A Peroxa prepara a súa IX Andaina Solidaria a favor de ALCER Ourense
A cita celebrarase o 18 de outubro con dúas rutas de 7 e 15,5 quilómetros para favorecer a participación de todas as persoas interesadas
A Nocturna do Xeoparque regresa este sábado a Ribas de Sil
A proba, con saída en San Clodio, ofrecerá modalidades de 16, 10 e 8 quilómetros e carreiras infantís gratuítas
Bóveda deu inicio ao seu ciclo de teatro de outono cunha proposta de Alentía Teatro
A programación continuará en outubro e novembro e rematará en decembro cun espectáculo infantil de Loia Producións
O brindo achegará a improvisación oral en galego ao alumnado do Xeoparque Montañas do Courel
Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel organizarán obradoiros nos seus colexios e unha actuación aberta ao público o 4 de outubro
Montederramo pon á venda as entradas para a Festa da Carne
As localidades poden adquirirse de forma presencial ou reservarse por teléfono mediante transferencia bancaria, cunha dispoñibilidade limitada
Sober programa unha nova sesión do Círculo de Encontro sobre acompañamento colectivo
A actividade, baixo o título “Presenza e ausencia”, celebrarase o 15 de outubro na Casa da Cultura e estará impartida por Paula Santos
Taboada crea o seu primeiro club de lectura na Biblioteca Pública
A primeira reunión celebrarase este próximo xoves 2 de outubro ás 20.00 horas na Casa da Cultura e busca fomentar a lectura e a participación arredor da literatura
Os concellos do Xeoparque Montañas do Courel suman forzas para fomentar o uso do galego entre a infancia
Unha iniciativa conxunta de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga inclúe actividades e xogos de palabras para aprender e practicar o idioma
Chantada reúne artesanía, comercio e música na feira Merca Sacra
A Deputación de Lugo achega case 17.000 euros á cita organizada pola Asociación de Empresarios, que se celebra na Praza de España
A Pobra de Trives ofrecerá un obradoiro intensivo de defensa persoal feminina
A formación, dirixida a mulleres maiores de 16 anos, terá lugar o 4 de outubro e combinará prevención, análise de situacións e técnicas prácticas de defensa
O Saviñao celebrará este venres a tradicional queima das fachas de Vilelos
A xornada incluirá unha pancetada desde as 22.00 horas e a queima das fachas a medianoite
A Biblioteca Municipal de Chantada retoma en outubro as sesións mensuais de contacontos
A primeira proposta será ‘Latexos. As lendas do castro de K’Paparota Teatro’, o 2 de outubro
Ribas de Sil organiza unha excursión á Mariña Lucense o 1 de outubro
A viaxe incluirá visitas á fábrica de Sargadelos e ao Barco Museo Boniteiro de Burela e contará con transporte e entradas gratuítas
Monforte mantén 73 prazas libres nas Escolas Deportivas Municipais
A oferta para o curso 2026-2027 inclúe actividades para nenos e adultos, mentres que a piscina climatizada dispón doutras 70 prazas das 264 ofertadas
A Teixeira e Castro Caldelas compartirán experiencias de emprendemento ligadas ao medio rural
O polo de emprendemento e apoio ao emprego do Barco organiza unha xornada que terá lugar o 30 de setembro e incluirá visitas ao taller de Cándido Caneiro, á Carnicería O Pepe e ao Restaurante El Pallón
A Pobra do Brollón pecha o prazo de matrícula da Escola de Música Samoeiro o 29 de setembro
O centro municipal ofrece oito materias para diferentes idades e contará con dúas xornadas de portas abertas para probar a iniciación á música tradicional
O Punto Limpo de Monforte pechará durante cinco días por obras de mellora
As instalacións permanecerán sen servizo do venres 25 ao martes 29 de setembro, ambos os dous incluídos, e durante ese período os residuos poderán levarse ao Centro Verde do polígono do Reboredo
Monforte acollerá este venres unha concentración en defensa do dereito á vivenda
A sociedade civil de Lemos convoca a mobilización contra os desafiuzamentos ás 20.30 horas na Praza de España, tras o caso dunha muller de 87 anos expulsada da vivenda na que residira durante 71 anos
A carreira Entre Pazos e Carballos reunirá este sábado en Taboada a preto de 300 participantes
A proba, organizada pola Asociación Cultural O Carballo, celebrará a súa décimo terceira edición con carreiras de 10 e 5 quilómetros e categorías escolares
Folgoso do Courel inaugurará este domingo a nova rúa de Fondo de Vila, dedicada a Sandra Rodrigo Balboa
O acto terá lugar ás 12.00 horas e servirá tamén para lembrar e recoñecer a unha das persoas que impulsou a actuación
Esgos retoma este venres o taller de memoria e estimulación cognitiva para adultos
A nova edición dará continuidade ao traballo desenvolvido entre marzo e xuño e aínda dispón dalgunha praza na Biblioteca municipal
Xunqueira de Espadanedo organiza un faladoiro sobre os saberes das mulleres e a vida cotiá
O encontro celebrarase este mércores no Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo e busca crear un espazo para compartir experiencias e poñer en valor os coñecementos adquiridos ao longo da vida




