O Pereiro de Aguiar acollerá unha andaina centrada no coidado da contorna coa protección da saúde

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actividade terá lugar o vindeiro luns e incluirá a liberación dunha ave rapaz
Imaxe recurso dunha caminata
15 Oct 2026

O Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar convida a toda a veciñanza a participar o vindeiro día 19 nunha actividade que busca vincular o coidado da contorna coa protección da saúde. A proposta comezará ás 11.00 horas e incluirá unha camiñada ata o Parque da Igualdade, unha acción de sensibilización ambiental e unha dinámica colectiva.

A xornada arrancará cunha breve introdución sobre hábitos de vida saudables, antes de iniciar o percorrido a pé ata o Parque da Igualdade, que se realizará a un ritmo tranquilo e estará aberto á participación de persoas de todas as idades.

Unha vez alí, persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente explicará como se desenvolve o proceso de recuperación das aves rapaces. A actividade incluirá tamén a liberación dun destes exemplares recuperados.

A programación completarase cunha dinámica participativa centrada na resiliencia e no coidado mutuo, co obxectivo de promover a reflexión sobre a importancia do apoio colectivo e da relación entre o benestar das persoas e o respecto pola natureza.

0.14721488952637