Folgoso do Courel recibirá a visita da oficina móbil de asesoramento para emigrantes retornados

RibeiraSacraXa
O servizo da Xunta estará na praza do Concello o 30 de outubro, de 9.00 a 14.00 horas, e atenderá mediante cita previa
Oficina-móbil-retorno
14 Oct 2026

A oficina móbil do programa ‘Benvidos a Galicia’, impulsado pola Xunta, desprazarase o vindeiro 30 de outubro a Folgoso do Courel para ofrecer información e asesoramento ás persoas emigrantes retornadas que precisen apoio para xestionar o seu regreso.

O servizo estará situado na praza do Concello entre as 9.00 e as 14.00 horas e ofrecerá atención personalizada para resolver dúbidas e orientar sobre cuestións relacionadas co retorno a Galicia.

As persoas interesadas en recibir atención deberán solicitar cita previa a través do teléfono gratuíto 900 102 380.

0.16013598442078