Pantón acolle unha xornada para abordar a prevención da violencia sexual

O salón de actos do Edificio Sociocultural de Pantón acollerá o venres 16 de outubro a xornada ‘Sementes de cambio, erradicando a violencia sexual’, unha iniciativa centrada na abordaxe desta problemática e aberta a todas as persoas interesadas.
A sesión comezará ás 19.30 horas e estará guiada por María Angélica Mercado, especialista en estudos de xénero e políticas de igualdade.
A actividade conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Concello de Pantón, e enmárcase na campaña ‘AgresiónOFF’.