Folgoso do Courel celebrará o 3 de novembro a segunda sesión do obradoiro sobre corresponsabilidade nos coidados

RibeiraSacraXa
O encontro terá lugar no Local Social de Seoane
obradoiro corrsponsabilidade Folgoso do Courel
28 Oct 2026

O Local Social de Seoane, no Concello de Folgoso do Courel, albergará o vindeiro martes 3 de novembro a segunda sesión do espazo formativo ‘Corresponsabilidade’, un ciclo adicado a reflexionar sobre o reparto dos coidados dentro dos fogares e das comunidades.

Esta segunda cita, baixo o título ‘Os coidados compartidos’, desenvolverase de 16.30 a 18.30 horas e estará conducida, como a anterior, pola educadora social Paula Santos. O obradoiro propón un espazo de encontro onde as persoas participantes poden compartir experiencias e puntos de vista sobre como se organizan os coidados no día a día.

A iniciativa comezou cunha primeira sesión, titulada ‘Quén coida aquí?’, celebrada o martes 27 de outubro, tamén no Local Social de Seoane e no mesmo horario.

As persoas interesadas en apuntarse a esta segunda sesión poden formalizar a súa inscrición a través do Concello de Folgoso do Courel, chamando ao teléfono 982 433 001.

O programa enmárcase dentro da iniciativa ‘Corresponsables’, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade do Goberno de España, o Xacobeo 2027 e o propio Concello de Folgoso do Courel.

0.15176701545715