Folgoso do Courel acollerá dous encontros para reflexionar sobre os coidados e a corresponsabilidade

RibeiraSacraXa
As sesións celebraranse os días 27 de outubro e 3 de novembro no Local Social de Seoane e estarán orientadas a compartir experiencias e inquedanzas
espazo-corresponsabilidade-folgoso
14 Oct 2026

O Local Social de Seoane, no concello de Folgoso do Courel, acollerá os días 27 de outubro e 3 de novembro dúas sesións baixo o título ‘Espazo compartido: corresponsabilidade’, unha iniciativa centrada nos coidados e no reparto das responsabilidades.

A proposta busca ofrecer un lugar de encontro no que as persoas participantes poidan compartir experiencias, expresar as súas preocupacións e aprender a partir das vivencias doutras persoas, favorecendo a reflexión colectiva arredor dos coidados e da corresponsabilidade.

As sesións desenvolveranse no Local Social de Seoane. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición no Concello ou solicitar información a través do teléfono 982 433 001.

0.15680193901062