O Centro Sociocultural de Bóveda organiza unha sesión de contacontos para celebrar o mes das bibliotecas

RibeiraSacraXa
Será o 23 de outubro a cargo de Ana Carreira
biblioteca-recurso
19 Oct 2026

O Centro Sociocultural de Bóveda conmemora o Mes da Biblioteca 2026 cunha programación que inclúe actividades de narración oral e teatro para achegar a lectura e as artes escénicas á veciñanza.

A primeira das propostas será o contacontos ‘Eu non quero’, de Ana Carreira, que terá lugar o 23 de outubro ás 11.00 horas no Centro Sociocultural. A actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Bóveda, coa colaboración do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia.

A programación rematará o 25 de outubro cunha sesión teatral ás 18.00 horas. O grupo A Mariña Saúde Mental representará a obra ‘A historia dun fidalgo para sempre lembrar’, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado. A entrada para esta función será gratuíta e o espectáculo estará recomendado para todos os públicos.

0.15902185440063