Bóveda celebra o mes das bibliotecas con actividades para todos os públicos durante o mes de outubro

RibeiraSacraXa
A Axencia de Lectura organiza reunións do Club de Lectura, un curso de dixitalización, un contacontos e unha representación teatral
biblioteca-recurso
3 Oct 2026

A Axencia de Lectura do Concello de Bóveda celebrará durante o mes de outubro o Mes da Biblioteca cunha programación que combinará propostas literarias, formativas e culturais dirixidas a diferentes públicos.

As actividades comezarán o 9 de outubro cunha nova reunión do Club de Lectura, na que as persoas participantes comentarán ‘Os Pazos de Ulloa’, de Emilia Pardo Bazán.

Os días 14 e 15 será a quenda do curso ‘Extraordinarias básico: Fundamentos de dixitalización empresarial’, que se desenvolverá en modalidade en liña de 20.00 a 22.00 horas. A formación forma parte do programa Extraordinarias.

O 23 de outubro, ás 11.00 horas, a programación continuará cun contacontos a cargo de Ana Carreira. A actividade, incluída no programa Ler conta moito, levará por título ‘Eu non quero’.

O Mes da Biblioteca pecharase o día 25 cunha sesión de teatro ás 18.00 horas. O grupo A Mariña Saúde Mental representará ‘A historia dun fidalgo para sempre lembrar’, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado. A entrada será gratuíta e o espectáculo estará recomendado para todos os públicos.

0.12785506248474