Carballedo ofrece un curso de iniciación ao Tai-Chi e Chi Kung

RibeiraSacraXa
A actividade comezará o martes 20 de outubro e desenvolverase todos os martes pola tarde na terceira planta do Concello
tai-chi-xenerica-recurso
12 Oct 2026

O Concello de Carballedo porá en marcha o vindeiro martes, 20 de outubro, unha nova actividade de iniciación ao Tai-Chi e Chi Kung, orientada ao traballo corporal e ao benestar.

As sesións celebraranse todos os martes, de 18.30 a 19.30 horas, na terceira planta do Concello de Carballedo. A proposta permitirá ás persoas participantes achegarse a estas disciplinas a través de exercicios centrados no corpo, o equilibrio, a respiración e a relaxación.

Non será necesario realizar unha inscrición previa para participar. As persoas interesadas só terán que acudir directamente ás sesións. Para obter máis información sobre a actividade, o Concello facilita o teléfono 624 881 561.

0.14670205116272