Chandrexa de Queixa impulsa a igualdade e o benestar das mulleres a través do programa ‘Mulleres empoderadas’

RibeiraSacraXa
A iniciativa desenvolveu desde maio obradoiros de habilidades e autocoidado para reforzar a autoestima, a autonomía e a confianza das participantes
8M-mulleres-imaxe-xenerica
6 Oct 2026

O Concello de Chandrexa de Queixa desenvolveu desde o pasado mes de maio o programa ‘Mulleres empoderadas de Chandrexa’, unha iniciativa centrada na promoción da igualdade e na prevención da violencia de xénero.

O proxecto ofreceu ás participantes un espazo de encontro no que aprender, compartir experiencias e traballar o benestar persoal a través de diferentes obradoiros de habilidades e autocoidado.

Entre os obxectivos da iniciativa estaba atender especialmente as necesidades de mulleres en situación de vulnerabilidade, facilitando ferramentas que contribuísen a reforzar a súa autoestima e autonomía e a mellorar diferentes aspectos da súa vida persoal, social e laboral.

As actividades permitiron tamén adquirir novos coñecementos e habilidades, ao tempo que favoreceron a creación dun espazo de confianza e participación entre as mulleres do municipio.

O programa está subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, no marco das axudas destinadas ás entidades locais para iniciativas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) dentro do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

1.44673204422