Folgoso do Courel acollerá un obradoiro de autocoidado para mulleres

O CIM Móbil achegará a Folgoso do Courel un obradoiro de autocoidado dirixido a mulleres, unha actividade que busca ofrecer un espazo para compartir experiencias e favorecer a creación de redes de apoio entre as participantes.
A sesión desenvolverase o luns 19 de outubro, a partir das 10.30 horas, no local de Fondo de Vila, en Folgoso.
Durante o obradoiro realizaranse diferentes dinámicas relacionadas co autocoidado e co fortalecemento dos vínculos entre as mulleres participantes, co obxectivo de facilitar un espazo de encontro e intercambio.
Ao remate da actividade, o Concello ofrecerá unha chocolatada ás asistentes.