Xunqueira de Espadanedo prepara un Samaín con espectáculos e música para os máis pequenos

RibeiraSacraXa
O Mosteiro de Santa María acollerá o 31 de outubro unha programación para público infantil e adulto que contará coa actuación de Pakolas
cabaza-Samaín-gorro
11 Oct 2026

O Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo converterase o vindeiro 31 de outubro no escenario dun amplo programa de Samaín, con actividades pensadas para facer gozar a pequenos e maiores.

A programación incluirá durante a tarde diferentes espectáculos e obradoiros infantís, ademais de propostas musicais para celebrar esta xornada. Pola noite, a festa combinará música e gastronomía cunha proposta de ‘Pincho’ elaborada polas distintas asociacións. O Concello irá dando a coñecer progresivamente as diferentes actuacións previstas para esta celebración.

A primeira confirmación do cartel é a presenza de Pakolas, que actuará no Mosteiro para ofrecer un espectáculo pensado para facer cantar, bailar e gozar tanto aos nenos e nenas como ás persoas adultas.

A actividade celebrarase no propio Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo e está prevista para o 31 de outubro a partir das 19.30 horas. O Concello sinala que esta é só a primeira das propostas que se irán anunciando para completar a programación do Samaín.

0.12987089157104