O ciclo de humor ‘A Peroxa Conta’ volve en outubro con Silvina Magari e David Amor

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Será os días 10 e 24 o no Auditorio 
cartel-a-peroxa-conta-2026
7 Oct 2026

O Concello da Peroxa volverá celebrar este mes o ciclo de humor ‘A Peroxa Conta’, que ofrecerá dúas propostas teatrais e de comedia durante o mes de outubro.

A primeira cita será o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, coa actuación de Silvina Magari, que presentará o espectáculo ‘Superbingo Ochentero’.

Dúas semanas despois, o sábado 24 de outubro, será a quenda de David Amor, que levará ao Auditorio da Peroxa o seu espectáculo ‘Love. Está en el aire’, tamén a partir das 21.00 horas.

As persoas interesadas en asistir ás dúas sesións poderán adquirir un bono conxunto para os dous monólogos por un prezo de 15 euros.

0.15030407905579