A XXXI Feira da Carne e a VIII Exposición de Gando de Montederramo celebraranse os días 11 e 12 de outubro

RibeiraSacraXa
A programación incluirá a entrada dos animais o día 11 e unha xornada de exposición e xantar na carpa ao día seguinte
vacas-gando-animais-gandeiria
7 Oct 2026

A XXXI Feira da Carne e a VIII Exposición de Gando desenvolverán a súa programación os días 11 e 12 de outubro, con actividades centradas na exhibición dos animais e na gastronomía.

O domingo 11 terá lugar a entrada do gando, mentres que o luns 12 celebrarase a exposición dos animais e o xantar na carpa instalada para a ocasión.

A comida comezará ás 14.30 horas e desenvolverase nun único turno. O menú estará composto por empanada de carne, carne ao caldeiro, carne richada, bica e viño.

As entradas para o xantar son limitadas e estarán á venda ata esgotar as existencias.

0.14892506599426