Carballedo acollerá este sábado a presentación dun libro sobre a simboloxía do seu patrimonio románico

RibeiraSacraXa
O acto, protagonizado polo escritor Xosé Lois García, celebrarase na Oficina de Turismo de Castro
simboloxia-do-romanico-en-carballedo
9 Oct 2026

A Oficina de Turismo de Castro, en Carballedo, acollerá o vindeiro sábado 10 de outubro a presentación de ‘Simboloxía do Románico de Carballedo’, unha publicación de Xosé Lois García dedicada ao patrimonio románico do municipio.

O acto terá lugar ás 19.30 horas e estará centrado en dar a coñecer o contido da obra e afondar no valor e na riqueza do patrimonio románico de Carballedo.

A presentación contará con diferentes intervencións. María Asunción Gómez Neira será a encargada de dar a benvida, mentres que Iria Castro Fernández ofrecerá o saúdo inicial. A introdución correrá a cargo de Alexandre Varela e, finalmente, intervirá o autor do libro, Xosé Lois García.

0.14814209938049