Novas de Ribas de Sil
Ribas de Sil súmase ao programa 'Lugo de corazón a corazón' de formación en reanimación cardiopulmonar
O municipio será un dos 16 municipios lucenses que participarán nunha iniciativa centrada na prevención cardiovascular e no manexo de desfibriladores
Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil impulsan o uso do galego na educación, o comercio e a tecnoloxía
Un programa conxunto desenvolvido entre agosto e mediados de outubro combina unha campaña comercial, obradoiros escolares, unha recuperación da tradición oral e unha ferramenta dixital para fomentar o uso da lingua no territorio
A voz dos alcaldes: Roberto Castro, rexedor de Ribas de Sil
O alcalde de Ribas de Sil repasa a súa traxectoria política, os retos do municipio e os proxectos que marcarán os próximos anos
Ribas de Sil reivindica o brindo e a regueifa como parte da tradición oral do Courel
Nuria das Cruces e Bieito Lobariñas protagonizaron unha actuación ten San Clodio, que contou tamén coa estrea de Tegra de TraloCouto como brindeira e regueifeira
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
Ribas de Sil remata as obras de mellora do acceso á captación de auga de Torbeo
A actuación, cun investimento de 17.029,84 euros, facilita o acceso en vehículo e inclúe novas arquetas e un peche para protexer as instalacións
O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada sobre os solos da serra
A actividade celebrarase o 10 de outubro na Estación Científica do Courel e incluirá unha charla de Augusto Pérez Alberti e unha saída de campo
O brindo achegará a improvisación oral en galego ao alumnado do Xeoparque Montañas do Courel
Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel organizarán obradoiros nos seus colexios e unha actuación aberta ao público o 4 de outubro
Ribas de Sil organiza unha xornada de defensa persoal dirixida a mulleres de calquera idade
A actividade terá lugar o domingo pola tarde no Salón de Actos municipal e non esixe ningunha condición física nin límite de idade
O alumnado do CEIP San Clodio participa nun obradoiro de pasatempos en lingua galega
A actividade, conducida pola escritora e docente Celia Díaz Núñez, combinou sopas de letras, cruzadas e outros xogos de palabras para fomentar o uso do galego entre os máis pequenos
Ribas de Sil remata o seu ciclo de conversas de verán cunha sesión sobre toponimia local
A última cita do programa estival centrarase no estudo dos nomes de lugares do concello, mañá ás 19.30 horas na praia fluvial de San Clodio
Ribas de Sil amplía os contidos do Centro de Interpretación do Río Sil con novos paneis e pantallas interactivas
A actuación, desenvolvida na Escola de Torbeo, supuxo un investimento de 14.996,74 euros, financiado nun 90 % polo GDR Ribeira Sacra-Courel a través do programa LEADER
Ribas de Sil pecha os Encontros coa Rapazada do Verán Cultural cun obradoiro de pasatempos
A escritora Celia Díaz Núñez será a encargada da última actividade, este venres 28 de agosto, na Aula de Pesca de San Clodio
A rapazada de Ribas de Sil aprende a programar robots nun novo obradoiro en San Clodio
O segundo Encontro coa Rapazada do Verán Cultural achegou aos participantes á robótica educativa con retos relacionados cos semáforos, o aparcamento e os sensores de luz
A rapazada de Ribas de Sil crea unha “Árbore de Valores” para promover a igualdade e o respecto
A actividade, celebrada durante os Obradoiros de Verán desta semana, abordou tamén a convivencia e a prevención da violencia de xénero
Ribas de Sil convida a nenos e nenas a vivir a súa primeira "misión robot" este venres en San Clodio
O Concello organiza unha nova sesión de 'Encontros coa Rapazada' dedicada á robótica educativa, dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos, sen necesidade de inscrición previa
Ribas de Sil dedica a segunda sesión das “Conversas de Verán” á traxectoria de Roberto Vila, veciño de Noceda
O encontro de “Historias de vida” terá lugar este xoves, 20 de agosto, ás 21.00 horas na Aula de Pesca de San Clodio
Eventos
Ribas de Sil organiza unha cata de viños por parellas o 14 de agosto
A actividade terá lugar no salón de actos e busca achegar aos participantes ao recoñecemento e aprecio dos viños
Os concellos do Xeoparque Montañas do Courel desenvolverán un programa conxunto para impulsar o uso da lingua galega
Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel levarán a cabo actividades ligadas á lingua, o patrimonio, a cultura e o territorio
A Deputación destina máis de 393.000 euros a concellos, empresas e ao sector forestal
A Xunta de Goberno aproba axudas para Foz e Ribas de Sil, un programa de apoio ao tecido empresarial e unha aula móbil de formación para a industria da madeira
A nova varredoira municipal entra en servizo en Ribas de Sil tras un investimento de 90.000 euros
O novo equipamento, financiado integramente pola Deputación de Lugo, permitirá reforzar a limpeza viaria e forma parte do convenio de colaboración asinado entre ambas administracións en 2025
A escritora Loli Rodríguez gaña o II Premio Trevo de Narrativa en Galego coa novela Nailía
A autora, natural de Torbeo, recibe un novo recoñecemento por unha obra que xa fora distinguida co Premio Torrente Ballester de Narrativa en Galego 2024
Ribas de Sil comeza as obras de mellora no CEIP de San Clodio co apoio dos participantes do Obradoiro de Emprego
Os traballos inclúen o pintado de aulas afectadas por humidades e a renovación da entrada do centro, dentro dun programa formativo no que participan 20 alumnos e alumnas
Extinguido o incendio de Ribas de Sil, que arrasou 190 hectáreas
Neste incendio declarouse temporalmente a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo










