San Clodio e Torbeo viven este venres unha xornada dobre de festas en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Hoxe acóllese a terceira edición do Rock & Viño con cata de viños e degustación de produtos galegos, mentres Torbeo celebra o pregón e a música na honra á Nosa Señora
Praza-do-concello-Ribas-de-Sil
14 Aug 2026

Este venres 14 de agosto, o concello de Ribas de Sil vive unha xornada festiva por partida dobre, con celebracións simultáneas en San Clodio e Torbeo.

En San Clodio, a programación arrinca ás 10.30 horas cunha cata de viño por parellas, dentro da terceira edición do Rock & Viño. A cita central chegará pola noite, a partir das 21.00 horas na Praia Fluvial, onde se combinarán os sabores de Galicia co ritmo do rock. O evento incluirá unha degustación de produtos galegos de calidade diferenciada, entre eles queixos, carnes, grelos, artesanía alimentaria e xeado artesán. A parte musical correrá a cargo de O Recanto, Gargantúa, Alberto Nelli, Cubo Metálico e DJ Dani Daniel.

Pola súa banda, Torbeo celebra as súas festas na honra á Nosa Señora co pregón, previsto para as 20.00 horas, ao que seguirá ás 21.30 horas unha sesión continua de música e festa a cargo do Dúo Explosión.

0.12594604492188