O Obradoiro de Emprego SILLOR XII inicia a recuperación da Fonte da Ventosa de Torbeo

RibeiraSacraXa
Os traballos inclúen a mellora dos accesos, a construción dun novo tellado e a impermeabilización dos depósitos, tras unha petición da veciñanza
obradoiro-emprego-sillor-recuperacion-fonte-torbeo-ribas-de-sil
25 Aug 2026

O alumnado do Obradoiro de Emprego SILLOR XII comezou os traballos de rehabilitación da Fonte da Ventosa, na parroquia de Torbeo, unha actuación que responde a unha petición trasladada pola veciñanza nunha das reunións mantidas co equipo de goberno municipal.

As intervencións previstas permitirán mellorar o estado e a funcionalidade deste elemento do patrimonio etnográfico local. Entre os traballos programados figuran o acondicionamento dos accesos, a construción dun novo tellado, a impermeabilización dos depósitos e unha actuación xeral de mellora da fonte.

A rehabilitación da Fonte da Ventosa forma parte das actuacións destinadas á recuperación e conservación de elementos vinculados á historia e á vida das aldeas, contribuíndo así á posta en valor do patrimonio etnográfico do municipio.

Unha vez rematados estes traballos, o Obradoiro de Emprego SILLOR XII continuará coa rehabilitación doutras fontes, concretamente as de San Román e As Fontes.

0.12497901916504