O programa verán continúa en Ribas de Sil cunha este venres cunha nova cita musical

Ribas de Sil continúa coa súa programación do Verán 2026 cunha nova cita musical este venres, 21 de agosto. A Praia Fluvial de San Clodio acollerá, a partir das 23.00 horas, a actuación de Medianoche – Revisited, unha proposta centrada nos sons do jazz fusion e do smooth jazz.
A formación estará integrada por Mikel Edroso, á guitarra e harmónica, e Jugo Moreno, ao baixo.
A actuación permitirá desfrutar dunha noite de música ao aire libre nun dos espazos máis singulares do municipio, á beira do río Sil, dentro da programación cultural e de lecer do verán en Ribas de Sil.