Ribas de Sil organiza unha cata de viños por parellas o 14 de agosto

RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar no salón de actos e busca achegar aos participantes ao recoñecemento e aprecio dos viños
cata_viño_ribasdesil
13 Aug 2026

O Concello de Ribas de Sil prepara para o vindeiro 14 de agosto unha nova proposta de lecer arredor do mundo do viño: unha cata pensada especialmente para parellas. A cita será a partir das 10.30 horas da mañá no salón de actos municipal.

Trátase dunha iniciativa pensada para que os participantes poidan afondar no coñecemento dos viños, aprendendo a recoñecer as súas características e a valoralos con maior criterio, nunha xornada que combina aprendizaxe e disfrute compartido.

A actividade ten un custo de 10 euros por parella e require inscrición previa. As persoas interesadas poden formalizar a súa reserva nas oficinas do Concello ou a través do teléfono 982 42 82 37.

Desde a organización animan a todos os veciños e veciñas interesados a apuntarse nas oficinas do Concello, xa que se trata dunha oportunidade pensada para vivir en compañía e descubrir novos matices no mundo do viño.

0.12005496025085