Novas de A Pobra do Brollón
Cris de Caldas presenta ‘Mulleres de conto’ na Pobra do Brollón
O acto terá lugar o sábado 17 de outubro na Casa da Cultura Olga Novo e recuperará historias de mulleres que merecen ser lembradas
A veciñanza da Pobra do Brollón volverá saír á rúa para reclamar médicos e máis persoal no Centro de Día
A concentración celebrarase o día 11 diante do Centro de Saúde e dará continuidade ás mobilizacións iniciadas en agosto pola situación da atención sanitaria no municipio
O PSdeG reclama á Xunta que manteña o horario completo do centro de día da Pobra do Brollón
Os socialistas denuncian que as familias foron informadas con dous días de antelación da redución da atención polas tardes
A Escola de Música Samoeiro afronta a recta final da matrícula cunha xornada de portas abertas
O prazo de inscrición péchase o martes 29 de setembro e, o xoves 1 de outubro, nenos e nenas de entre 8 e 16 anos poderán probar de balde a iniciación á música tradicional
A Pobra do Brollón pecha o verán con 191 participantes nas súas visitas guiadas
O programa 'Déixate Guiar' permitiu descubrir entre xullo e setembro espazos como a Cova das Choias, o Castro de San Lourenzo, Penas do Castelo e as adegas e o miradoiro de Vilachá
Antom Garcia Rodrigues presenta na Pobra do Brollón 'Espaços afetivos da Galiza na Lisboa atual', un libro sobre a pegada galega na capital portuguesa
A Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá o venres 25 de setembro a presentación dunha obra que repasa como a emigración galega marcou a capital portuguesa
A área sanitaria de Lugo oferta a praza vacante de medicina de familia da Pobra do Brollón para a súa cobertura estable
O centro de saúde conta con dúas prazas médicas; unha está cuberta con normalidade pola súa titular, mentres a segunda, vacante, xa está ofertada para a súa provisión definitiva, nun contexto de escaseza xeneralizada de profesionais
A Pobra do Brollón reforza a súa aposta polo voleibol cun novo convenio de colaboración
O acordo pon en marcha unha escola deportiva de voleibol dirixida ao alumnado do colexio do municipio, nunha tempada que arrinca con dez equipos federados e o obxectivo de superar os 150 participantes do curso anterior
A Pobra do Brollón pecha o Ciclo Mestre Mateo cun documental sobre o silencio familiar
O local social de Eixón acolle o vindeiro domingo a sesión final do ciclo de cine, cunha obra que afonda nos silencios herdados dentro dunha familia
O Punto Limpo Móbil atópase na Pobra do Brollón na súa derradeira parada do percorrido
O servizo itinerante está instalado na área recreativa de Samugueiros ata o domingo 6 de agosto, pechando así a súa ruta polas distintas parroquias do concello
Os participantes do Obradoiro de Emprego da Pobra do Brollón acondicionan os camiños do Trail Capela San Vitoiro
Os traballos de roza e limpeza vexetal forman parte das actuacións de prevención de incendios forestais
A Pobra do Brollón renova o material deportivo para reforzar a actividade física no municipio
O equipamento adquirido a través dun convenio coa Deputación de Lugo será empregado nas actividades municipais e en colaboracións con entidades deportivas
A Pobra do Brollón busca a fotografía que será portada do seu calendario de 2027
O Concello anima a veciñanza a participar cunha imaxe tomada no municipio e establece o 6 de setembro como data límite para presentar propostas
A veciñanza da Pobra do Brollón sairá á rúa para esixir unha atención médica “adecuada, estable e suficiente”
A mobilización terá lugar o 25 de agosto, partirá ás 12.00 horas do colexio e rematará no Centro Médico, onde se reivindicarán solucións ante a situación actual da asistencia sanitaria
Adxudica por máis de 219.000 euros a reparación da LU-P-4706 na Pobra do Brollón
A actuación permitirá mellorar a vía que conecta Pacios de Veiga, Canedo e Óutara coa parroquia de Santa Cruz do Incio pasando por Canedo
O Parque Móbil provincial contará cunha nova escavadora de cadeas de goma
A Xunta de Goberno adxudica tres actuacións na rede viaria provincial e aproba a compra dunha nova escavadora para o Parque Móbil
A Pobra do Brollón celebra a décima edición do Campo de Voluntariado do Castro e Romaría de San Lourenzo
15 mozos e mozas de Italia, Turquía, República Checa, México e diferentes puntos de España, Cataluña e Galicia participarán ata o 14 de agosto nos traballos arqueolóxicos e na organización da romaría
Eventos
A Pobra do Brollón proxectará este xoves o documental “360 curvas”, gañador do Mestre Mateo
A proxección terá lugar o 6 de agosto no local social de Cereixa e permitirá ver o documental recoñecido como mellor da última edición dos Premios Mestre Mateo
O goberno da Pobra do Brollón denuncia a falta de médicos e reclama solucións urxentes para o centro de saúde
O executivo local asegura que hai días sen atención médica e pide cubrir de forma definitiva a praza vacante e as baixas actuais
A música tradicional protagonizará unha foliada nas adegas medievais de Vilachá
Os Ministreles actuarán o venres 31 de xullo a partir das 20.00 horas no conxunto da Abelaira, en Vilachá de Salvadur
O Concello da Pobra do Brollón pide facer un consumo responsable da auga ante o aumento da demanda durante o verán
Solicitan á veciñanza que evite usos non esenciais da rede municipal para garantir o abastecemento de auga potable
O Mercado Circular regresará á Pobra do Brollón con catro xornadas entre xullo e setembro
A Praza da Peza acollerá postos de produtos da terra, artesanía e artigos de segunda man, e a organización mantén aberta a inscrición para novos expositores.
A Pobra do Brollón incorpora nova maquinaria para mellorar o mantemento de camiños e zonas verdes municipais
O Concello adquiriu unha segadora rozadoira e un tractor cortacéspede grazas a un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O Concello da Pobra do Brollón organiza catro viaxes á praia durante os meses de xullo e agosto
O programa inclúe desprazamentos a Viveiro, Samil, Miño e Praia América, con saída desde a Casa do Concello e inscrición previa na Biblioteca Municipal









