O Concello da Pobra do Brollón organiza catro viaxes á praia durante os meses de xullo e agosto

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha unha nova edición do programa "Viaxes á praia 2026", unha iniciativa que permitirá á veciñanza desfrutar de catro excursións a distintos areais galegos ao longo dos meses de xullo e agosto.
O calendario de saídas comezará o 19 de xullo, con destino a Viveiro. A segunda excursión terá lugar o 2 de agosto e levará aos participantes ata a praia de Samil. Posteriormente, o 16 de agosto, a viaxe será á praia de Miño, mentres que o programa rematará o 30 de agosto cun desprazamento á Praia América.
Todas as excursións teñen un prezo de 20 euros por persoa e realizaranse cun grupo mínimo de dez participantes. As prazas son limitadas.
As inscricións deberán formalizarse na Biblioteca Municipal da Pobra do Brollón ata as 12.30 horas do venres anterior á data de cada saída. As persoas interesadas tamén poden solicitar información no teléfono 982 430 546.
Os autobuses partirán ás 8.00 horas desde diante da Casa do Concello. A organización recomenda acudir con roupa cómoda e lembra que as comidas correrán por conta de cada participante.