A Pobra do Brollón incorpora nova maquinaria para mellorar o mantemento de camiños e zonas verdes municipais

RibeiraSacraXa
O Concello adquiriu unha segadora rozadoira e un tractor cortacéspede grazas a un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
nova-maquinaria-brollon
20 Jul 2026

O Concello da Pobra do Brollón conta con nova maquinaria destinada a facilitar os labores de mantemento dos camiños e das zonas verdes de titularidade municipal.

A incorporación dos novos equipos inclúe unha segadora rozadoira e un tractor cortacéspede, que permitirán mellorar os traballos de conservación e acondicionamento dos espazos municipais.

A adquisición desta maquinaria foi posible grazas a un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, mediante o que se financiou a compra dos novos equipamentos.

Desde o Concello destacan a utilidade destes novos medios para continuar co mantemento das infraestruturas e espazos públicos do municipio.

0.12485980987549