RibeirasacraXa
O Pereiro de Aguiar mellora os espazos da Galiña Azul cun investimento de 20.000 euros
As actuacións realizáronse en zonas interiores e exteriores do centro, que conta con preto de 50 nenos e nenas matriculados
O Faladoiro de Quiroga recupera os recordos da vida no rural tras o descanso estival
A emigrante retornada Loyda López Pérez será a protagonista do encontro deste mércores, no que se compartirán lembranzas das orixes e da vida nas aldeas
Montederramo pon á venda as entradas para a Festa da Carne
As localidades poden adquirirse de forma presencial ou reservarse por teléfono mediante transferencia bancaria, cunha dispoñibilidade limitada
A escola infantil de Nogueira de Ramuín abre as súas portas ás familias
As persoas interesadas poderán coñecer o proxecto educativo e as instalacións do centro durante a xornada de visita, de 10.00 a 13.00 horas
O PP reclama axudas de emerxencia para o sector agrícola e pesqueiro pola suba dos custos
Francisco Conde anuncia unha iniciativa no Congreso e no Senado para ampliar as compensacións polo gasóleo e os fertilizantes e pide activar a Mesa Nacional da Seca
Taboada crea o seu primeiro club de lectura na Biblioteca Pública
A primeira reunión celebrarase este próximo xoves 2 de outubro ás 20.00 horas na Casa da Cultura e busca fomentar a lectura e a participación arredor da literatura
As ‘Tardes na Biblioteca’ volven a Pantón con actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos
A programación desenvolverase todos os xoves de outubro e novembro con propostas de contos, reciclaxe, natureza e xogos
O PP reclama medidas para poñer en valor os terrenos do Pazo de Tor
Destacan que a finca conta con zonas de arboredo, parcelas cultivables e un gran estanque de auga e aseguran que actualmente se atopa sen uso
Chantada reúne artesanía, comercio e música na feira Merca Sacra
A Deputación de Lugo achega case 17.000 euros á cita organizada pola Asociación de Empresarios, que se celebra na Praza de España
A Casa da Cultura de Chantada acolle até o 15 de outubro un curso de introdución á lingua e cultura galegas
A formación está organizada pola Secretaría Xeral da Lingua coa colaboración do Concello e permite ás persoas participantes adquirir nocións básicas de lingua galega
Derradeiros días para visitar en Chantada a exposición fotográfica sobre o Mosteiro de Oseira
A mostra reúne o traballo de 18 autores da Asociación Fotográfica O Potiños e pode visitarse na Casa da Cultura ata o 30 de setembro
A UNED de Lugo amplía a UNED Sénior a sete materias para o curso 2026-2027
A matrícula abrirá o 28 de setembro en Lugo, Sarria, Monforte de Lemos e Viveiro, cunha programación que incorpora novas materias e profesorado
Monforte destina 30.000 euros a apoiar a creación de novas empresas
As axudas, de ata 1.500 euros por beneficiario, están dirixidas a negocios iniciados entre novembro de 2025 e setembro de 2026
A CHMS destina 715.000 euros a reforzar a marxe do río Cabe en Monforte
A actuación permitiu reparar os danos dos temporais do pasado inverno entre o Club Fluvial e Ribas Altas e recuperar a servidume de paso
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Finaliza o proceso de estabilización de persoal nas residencias da Diputación
A xunta de goberno aprobou este venres o nomeamento dos traballadores que ocuparán definitivamente 16 prazas nos centros de atención a maiores da rede provincial, que dá emprego directo a 230 persoas
Montederramo remata as obras da nova praza para mellorar a accesibilidade
A actuación facilita o acceso ao local social e á casa niño coa eliminación das barreiras arquitectónicas existentes
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSdeG esixirá no Pleno da Deputación de Lugo que a Xunta financie a rede provincial de residencias
O Saviñao celebrará este venres a tradicional queima das fachas de Vilelos
A xornada incluirá unha pancetada desde as 22.00 horas e a queima das fachas a medianoite
Pereiro de Aguiar aproba a nova RPT e unha modificación de crédito de 400.000 euros
A modificación orzamentaria permitirá financiar diversas melloras no municipio, entre elas actuacións nas canchas deportivas e o cambio do céspede do campo da Carabina
Ribas de Sil organiza unha excursión á Mariña Lucense o 1 de outubro
A viaxe incluirá visitas á fábrica de Sargadelos e ao Barco Museo Boniteiro de Burela e contará con transporte e entradas gratuítas
O Círculo Saviñao acollerá este sábado a presentación do novo libro de Fernando Hernández
O acto terá lugar ás 19.00 horas e servirá para dar a coñecer “Conmigo muere tu secreto”
O Pereiro de Aguiar reforza os traballos de limpeza e mantemento en estradas e núcleos urbanos
Os traballos inclúen o desbroce e limpeza de 87 hectáreas, actuacións en máis de 170 quilómetros de estradas e pistas e o acondicionamento dos núcleos urbanos
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Publicada a resolución das axudasa razas autóctonas da Vicepresidencia da Deputación
O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a resoluciòn provisional do programa Morenas, que beneficia 62 ganderías lucenses
O Pazo de Tor acollerá o 30 de setembro o peche presencial do programa de museoloxía social da Rede Museística de Lugo
A xornada 'O valor das palabras' reunirá a profesionais de museos e espazos culturais nun encontro participativo que coincide co 20º aniversario da Rede e do propio Pazo




