As ‘Tardes na Biblioteca’ volven a Pantón con actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos

RibeiraSacraXa
A programación desenvolverase todos os xoves de outubro e novembro con propostas de contos, reciclaxe, natureza e xogos
contos-biblioteca-panton
27 Sep 2026

A Biblioteca de Pantón recuperará durante os meses de outubro e novembro as ‘Tardes na Biblioteca’, unha programación semanal dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

As actividades celebraranse todos os xoves pola tarde e ofrecerán cada semana unha proposta diferente, con contos e historias, obradoiros relacionados coa reciclaxe, actividades sobre natureza e animais e xogos e aventuras.

As persoas participantes poderán asistir a sesións soltas ou apuntarse a varias actividades. O prezo será de 5 euros por sesión e as persoas adultas que acompañen os menores non terán que pagar. No caso dos nenos e nenas menores de 6 anos será necesario que estean acompañados por unha persoa adulta.

As prazas son limitadas e a información e as inscricións poden realizarse a través de WhatsApp no número 675 852 420.

0.15636205673218