O Saviñao celebrará este venres a tradicional queima das fachas de Vilelos

RibeiraSacraXa
A xornada incluirá unha pancetada desde as 22.00 horas e a queima das fachas a medianoite
folion-fachas-vilelos
25 Sep 2026

A parroquia de Vilelos, no Saviñao, celebrará este venres 25 de setembro a tradicional queima das fachas, unha xornada organizada pola Asociación de Veciños San Martiño de Vilelos.

Os actos comezarán ás 22.00 horas cunha pancetada para as persoas participantes. A continuación, ás 00.00 horas, terá lugar a queima das fachas, un dos momentos centrais da celebración.

A programación incluirá tamén actuacións musicais enmarcadas no programa Móvete.

A actividade conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través da área de Cultura, e do Concello do Saviñao.

0.1360878944397