Os concellos do Xeoparque Montañas do Courel suman forzas para fomentar o uso do galego entre a infancia

RibeiraSacraXa
Unha iniciativa conxunta de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga inclúe actividades e xogos de palabras para aprender e practicar o idioma
obradoiro-pasatempos-folgoso-ribas-de-sil-quiroga
27 Sep 2026

Os concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga participan nun programa conxunto de normalización lingüística destinado a fomentar o uso do galego entre a infancia. A iniciativa conta co financiamento da Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude e desenvolvese nos tres municipios do Xeoparque Montañas do Courel.

Entre as actividades realizadas figura un obradoiro de pasatempos no que o alumnado puido aprender e practicar galego a través de diferentes xogos de palabras. A proposta combinou aprendizaxe e entretemento mediante sopas de letras, cruzadas e un pasatempo de carácter colectivo.

En concreto, durante a actividade elaboráronse sete sopas de letras, sete cruzadas e un encrucillado colectivo no que participou o conxunto do alumnado. O obxectivo foi achegar o idioma á infancia dunha maneira práctica e lúdica, fomentando o seu uso mentres os nenos e nenas resolvían os diferentes pasatempos.

0.15921807289124