Montederramo remata as obras da nova praza para mellorar a accesibilidade

Montederramo xa conta cunha nova praza tras a finalización das obras de acondicionamento do espazo, unha actuación coa que se mellora a accesibilidade aos equipamentos municipais situados nesta zona.
Os traballos permitiron eliminar as barreiras arquitectónicas que dificultaban a mobilidade e facilitar o acceso tanto ao local social como á casa niño.
A intervención foi financiada polo Concello de Montederramo e pola Axencia de Desenvolvemento Rural, no marco das axudas destinadas á creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais.