O Pereiro de Aguiar reforza os traballos de limpeza e mantemento en estradas e núcleos urbanos

RibeiraSacraXa
Os traballos inclúen o desbroce e limpeza de 87 hectáreas, actuacións en máis de 170 quilómetros de estradas e pistas e o acondicionamento dos núcleos urbanos
brigadas-municipais-desbroces-pereiro-de-aguiar
25 Sep 2026

As brigadas municipais do Pereiro de Aguiar continúan cos labores de limpeza, desbroce e mantemento en diferentes puntos do concello, cun dispositivo formado por 20 profesionais que está a actuar tanto na rede viaria como nos núcleos urbanos e nos espazos públicos.

Os traballos de desbroce e limpeza abranguen xa 87 hectáreas de superficie, mentres que as actuacións na rede viaria permiten atender máis de 170 quilómetros de estradas e pistas. Estas tarefas buscan manter as vías e os seus arredores en boas condicións e favorecer a seguridade nos desprazamentos.

O dispositivo municipal tamén está a intervir nos núcleos urbanos, onde se realizan labores de limpeza e acondicionamento dos espazos públicos. As actuacións esténdense así a diferentes puntos do territorio co obxectivo de manter coidados tanto os accesos e vías de comunicación como as zonas de uso habitual da veciñanza.

O Concello sinala que se trata dun traballo continuo para coidar o territorio, mellorar as condicións dos espazos públicos e contribuír á seguridade e ao benestar da poboación.

0.12089705467224