Pereiro de Aguiar aproba a nova RPT e unha modificación de crédito de 400.000 euros

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A modificación orzamentaria permitirá financiar diversas melloras no municipio, entre elas actuacións nas canchas deportivas e o cambio do céspede do campo da Carabina
casa-do-concello-pereiro-de-aguiar
25 Sep 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar aprobou a nova Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal, unha medida coa que pretende actualizar a organización e as condicións laborais do persoal do Concello.

O alcalde, Luis Menor Pérez, defendeu a aprobación da nova RPT como unha actuación destinada a “actualizar e modernizar as condicións dos traballadores”, aos que destacou polo seu labor na prestación de “uns servizos moi importantes para a cidadanía”.

Durante a sesión plenaria tamén saíu adiante unha modificación de crédito por importe de 400.000 euros. Estes fondos permitirán acometer diferentes actuacións de mellora no municipio, entre elas traballos nas canchas deportivas e a substitución do céspede do campo da Carabina.

Por outra banda, o pleno aprobou unha moción relacionada co transporte metropolitano. O alcalde sinalou que esta cuestión resulta “imprescindible” para garantir a mobilidade da veciñanza de Pereiro de Aguiar.

0.15736818313599