A Pobra de Trives ofrecerá un obradoiro intensivo de defensa persoal feminina

RibeiraSacraXa
A formación, dirixida a mulleres maiores de 16 anos, terá lugar o 4 de outubro e combinará prevención, análise de situacións e técnicas prácticas de defensa
defensa persoal feminina recurso
26 Sep 2026

O Concello da Pobra de Trives organizará o vindeiro 4 de outubro un obradoiro intensivo de defensa persoal feminina baseado no Método +, unha proposta que aborda a autoprotección desde a prevención, o coñecemento e a práctica.

A formación non se centrará unicamente na aprendizaxe de técnicas para responder ante unha situación de risco. O programa tamén traballará aspectos como a respiración, a observación da contorna e a valoración das circunstancias para facilitar a identificación de posibles perigos e a toma de decisións con maior seguridade.

Durante a sesión, as participantes aprenderán ademais diferentes estratexias e técnicas de defensa persoal que poderán incorporar como ferramentas de autoprotección.

O obradoiro está dirixido a mulleres maiores de 16 anos e celebrarase o 4 de outubro.

0.15303492546082