Folgoso do Courel reúne un centenar de persoas na XIX Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores

RibeiraSacraXa
O encontro celebrouse no CPI Poeta Uxío Novoneyra cunha xornada de convivencia e música a cargo da Agrupación Musical Courelouzara
festa-da-solidaridade-coas-persoas-maiores-folgoso
28 Sep 2026

O CPI Poeta Uxío Novoneyra acolleu este sábado, 26 de setembro, a XIX Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores de Folgoso do Courel, unha xornada de encontro e convivencia na que participaron máis dun centenar de persoas.

A actividade permitiu á veciñanza compartir tempo, conversación e bos momentos nunha xornada na que as persoas maiores foron as protagonistas.

A música correu a cargo da Agrupación Musical Courelouzara, que acompañou o encontro durante a celebración.

O Concello de Folgoso do Courel agradeceu a participación de todas as persoas que asistiron e contribuíron ao desenvolvemento desta xornada.

0.12474989891052