Declarado un incendio forestal en Manzaneda que supera as 20 hectáreas

RibeiraSacraXa
O lume iniciouse de madrugada na parroquia de Reigada e mobiliza seis axentes, oito brigadas, seis motobombas e unha pa
hidroavion-extincion-incendios-monte-lugo
25 Sep 2026

Un incendio forestal permanece activo no concello ourensán de Manzaneda, na parroquia de Reigada, segundo informa a Consellería do Medio Rural. O lume iniciouse ás 01.15 horas deste venres e afecta xa, segundo as últimas estimacións provisionais, a máis de 20 hectáreas.

No dispositivo de extinción participan polo momento seis axentes, oito brigadas, seis motobombas e unha pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que o teléfono gratuíto 085 está dispoñible para comunicar a detección de incendios forestais. Tamén se pode utilizar a aplicación ALume para recibir información e avisar sobre lumes activos en Galicia. Para comunicar de maneira anónima posibles actividades delituosas relacionadas cos incendios está dispoñible o número 900 815 085. A información actualizada sobre os incendios que superen as 20 hectáreas pode consultarse tamén na conta @incendios085 de X.

0.15543985366821