O PP reclama medidas para poñer en valor os terrenos do Pazo de Tor

O Grupo Provincial Popular levará ao vindeiro Pleno da Deputación de Lugo unha proposta para reclamar á Deputación de Lugo medidas para poñer en valor os terrenos do Pazo de Tor, que abrangun aproximadamente 250 hectáreas.
Os populares destacan que a finca conta con zonas de arboredo, parcelas cultivables e un gran estanque de auga e aseguran que actualmente se atopa sen uso e presenta, segundo a súa valoración, un estado de descoido que afecta á imaxe dun espazo de interese histórico, cultural e paisaxístico.
O Grupo Provincial Popular considera que a conservación e aproveitamento destes terreos podería contribuír tamén a atender necesidades do sector gandeiro da contorna. Neste sentido, sinala que existen explotacións que teñen dificultades para acceder a superficies de pasto adecuadas mentres os terreos da Finca de Tor permanecen, segundo denuncia a formación, desaproveitados.