RibeirasacraXa
GaliciaXa
Galicia terá 12 festivos laborais en 2027, con San Xosé e o Día das Letras Galegas entre as datas sinaladas
O calendario inclúe nove festivos comúns en toda España e tres datas escollidas pola comunidade galega. O 1 de maio e o día de Nadal caerán en sábado, mentres que a Semana Santa deixará dous festivos consecutivos en marzo
AGACAL organiza en Sober unha xornada sobre a elaboración artesanal de vermús, licores e augardentes
O encontro, enmarcado no ciclo de Aulas Abertas de Artesanía Alimentaria, abordou as oportunidades de diferenciación e xeración de valor engadido neste tipo de producións
A exposición itinerante 'Galegoza. A canción en galego' chega ao CPI San Tomé do Carballo de Taboada
A mostra, formada por 30 paneis e unha lista de reprodución propia, repasa a evolución da música en galego desde os anos sesenta ata a actualidade
CCOO denuncia que os bombeiros forestais de Chantada levan seis anos agardando por unhas instalacións dignas
O sindicato reclama o traslado do punto de encontro do Distrito Forestal VIII - Terra de Lemos, que arrastra dende 2016 deficiencias detectadas e nunca corrixidas, entre elas unha única ducha para homes e mulleres
Ribas de Sil realiza melloras en Peites e incorpora novo mobiliario ao local social
O Concello adquiriu 240 cadeiras e 42 mesas cun investimento de 8.251,55 euros e instalou unha marquesiña e limpou a vexetación dunha antiga ponte
GaliciaXa
Os Trens Turísticos de Galicia pechan a tempada de verán cunha ocupación do 93,4 %
O programa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE, incrementou un 9,4 % a oferta de prazas e rexistrou un aumento do 11% no número global de viaxeiros
Pantón acolle unha xornada para abordar a prevención da violencia sexual
A actividade ‘Sementes de cambio, erradicando a violencia sexual’ celebrarase o 16 de outubro ás 19.30 horas no Edificio Sociocultural, con María Angélica Mercado como guía
A Peroxa celebrará a Festa do Viño Novo de Rebadaira con dous días de música e gastronomía
A celebración terá lugar o 16 e 17 de outubro no lugar de Gulfariz con cea popular, pasarrúas polas adegas, degustacións de viño e actuacións musicais
GaliciaXa
Mil mulleres rurais reuniranse en Lugo para reivindicar o seu liderado e os seus dereitos
FADEMUR e a Deputación organizan o 15 de outubro un encontro no Pazo de Feiras e Congresos que coincide co 20º aniversario da federación en Galicia
Chantada manterá aberta até finais de outubro a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais
O programa ofrece actividades para todas as idades, desde preescolar ata maiores de 60 anos, por unha cota de 70 euros que permite escoller ata tres disciplinas
GaliciaXa
Xenoma Galicia inicia a próxima semana a recollida de mostras en Lugo e Cee
O estudo enviou 2.289 invitacións por SMS para incorporar 457 participantes e xa detectou 53 resultados positivos nas patoloxías xenéticas analizadas
A Teixeira conmemora este xoves o Día da Muller Rural no local social de Peneiriña
A actividade incluirá a proxección dun documental, un debate sobre despoboación e a presentación da Maleta Viaxeira, un novo servizo de préstamo de libros de temática feminista
Manzaneda e O Bolo organizan unha viaxe a Sevilla do 20 ao 23 de novembro
A excursión inclúe visitas guiadas, entradas á Catedral e á Xiralda e un acto institucional na Basílica da Macarena
Xunqueira de Espadanedo prepara un Samaín con espectáculos e música para os máis pequenos
O Mosteiro de Santa María acollerá o 31 de outubro unha programación para público infantil e adulto que contará coa actuación de Pakolas
Monforte sorteará o 14 de outubro as prazas do Programa Activa para o curso 2026-2027
A iniciativa ofrece 741 prazas entre ordinarias e adicionais, conta cun orzamento municipal de 65.000 euros e está dirixida especialmente a persoas maiores de 55 anos
GaliciaXa
O Día Mundial da Saúde Mental pon o foco na infancia, a mocidade e o emprego das persoas con trastorno mental
Coincidindo coa celebración deste 10 de outubro, distintas iniciativas en Galicia abordan o impacto da vivenda e a precariedade laboral no benestar da poboación moza, así como o dobre estigma que enfrontan as persoas con trastorno mental á hora de atopar traballo
Manzaneda renova o alumeado da Praza da Igualdade
O Concello instalou tres novas farolas e luminarias diante da residencia e do centro de día
Ribas de Sil reivindica o brindo e a regueifa como parte da tradición oral do Courel
Nuria das Cruces e Bieito Lobariñas protagonizaron unha actuación ten San Clodio, que contou tamén coa estrea de Tegra de TraloCouto como brindeira e regueifeira
A comarca de Ourense concentra máis dun terzo do tráfico que circula polas estradas provinciais
O Plan de Aforos 2025 revela que a vía do polígono de San Cibrao das Viñas é a de maior intensidade de circulación, con case 18.000 vehículos ao día
QuiMedo pecha as inscricións tras completar o aforo para a súa séptima edición
A organización porá a venda 100 entradas que poderán adquirirse unicamente na billetería, a un prezo de 20 euros cada unha
O Concello de Monforte organiza dous obradoiros de costura creativa para aprender a coser e reparar roupa
As sesións celebraranse o 15 de outubro na Praza de Abastos e ofrecerán formación práctica para iniciarse na costura e prolongar a vida útil das prendas
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
O BNG de Parada de Sil pide acceso á documentación sobre o proxecto dunha futura central entre os encoros de San Pedro e A Edrada
A formación reclama información sobre o proxecto e alerta das posibles consecuencias ambientais e patrimoniais nun territorio protexido




