Xunqueira de Espadanedo incorpora nova maquinaria de limpeza 

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Concello adquiriu unha hidrolimpiadora viaria de alta presión grazas a unha achega do Fondo de Compensación Ambiental
hidrolimpiadora-xunqueira
13 Oct 2026

O Concello de Xunqueira de Espadanedo recibiu unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental para a adquisición dunha hidrolimpiadora viaria de alta presión, destinada aos labores de limpeza e mantemento dos espazos públicos municipais.

A axuda, concedida ao abeiro da convocatoria de subvencións para concellos en réxime de concorrencia competitiva, ascende a 10.799,25 euros. O investimento total previsto para a compra do equipo é de 14.399 euros, polo que a subvención permite financiar unha parte importante do custo da adquisición.

0.15519094467163