Novas de Monforte
Esperta Monforte propón crear un consello escolar municipal e reclama unha escola infantil pública na cidade
O grupo municipal presenta dúas mocións ante o Pleno: a posta en marcha dun órgano estable de participación da comunidade educativa e a reclamación conxunta dunha praza pública de 0 a 3 anos ante a falta de oferta suficiente na localidade
Monforte de Lemos licitará por primeira vez un Plan Xeral de Ordenación Municipal
O pleno do 26 de outubro debaterá o inicio dun proceso que se desenvolverá en seis fases ao longo duns seis anos, despois de dous intentos fracasados no pasado
Monforte de Lemos recolleu 7.550 toneladas de residuos urbanos ao longo de 2025
O Concello fai balance do servizo de recollida de lixo, no que a fracción resto concentrou o 88,4 % do total recollido entre as cinco categorías de residuos.
O PP de Monforte pide un plan de mantemento de ríos e regatos antes das vindeiras choivas
O grupo municipal defenderá unha moción no vindeiro pleno para que Concello e Confederación Hidrográfica Miño-Sil inspeccionen e manteñan os leitos que atravesan a localidade
PRODEME representará o CB Breogán na Copa Campeones da Fundación ACB
A asociación de Monforte participará na temporada 2026-2027 nesta competición estatal de baloncesto inclusivo para persoas con discapacidade intelectual
O Cineclube do Ateneo Casino de Monforte regresará este venres cunha nova tempada
A sesión inaugural incluirá a proxección de ‘O banco que se creou sen diñeiro’ e un coloquio con integrantes da cooperativa Fiare
O Concello de Monforte organiza dous obradoiros de costura creativa para aprender a coser e reparar roupa
As sesións celebraranse o 15 de outubro na Praza de Abastos e ofrecerán formación práctica para iniciarse na costura e prolongar a vida útil das prendas
A Rede Museística de Lugo aumenta un 20 % as visitas en setembro, no mes do seu 20º aniversario
Os catro museos provinciais recibiron 7.084 persoas durante o mes pasado e suman 57.312 visitantes no que vai de 2026, nun período marcado por novas exposicións e actividades educativas
Monforte convida ao alumnado de 2º de Primaria a debuxar unha cidade máis sostible
O concurso ‘Os Bolechas reciclan en Monforte’ manterá aberto o prazo de presentación ata o 20 de novembro e repartirá tres premios de material artístico e educativo
Cinco estudantes do IES Río Cabe levan a Monforte o título nacional de Educación Financeira
O equipo monfortino venceu na categoría xuvenil do concurso ‘Finanzas Para Todos’ nunha final celebrada no Palacio da Bolsa de Madrid con representación exclusivamente galega
Monforte achega ao alumnado a realidade de Palestina a través da obra ‘FOOT’
A representación de Pallasos en Rebeldía reunirá este xoves arredor de 200 estudantes e profesores no Edificio Multiusos
Esperta Monforte reclama unha nova aula de 2º de Primaria tras o rexeitamento da súa moción
O grupo asegura que as sete clases da cidade teñen 153 alumnos e cuestiona que se considere suficiente ocupar as prazas dispoñibles nos centros concertados
ADEGA leva a Monforte cinco décadas de ecoloxismo galego a través da exposición ‘50 anos coidando a Terra’
A mostra está instalada fronte ás Casiñas da Compañía e poderá visitarse ata o 13 de outubro
A XIV Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia inaugura en Monforte un percorrido polas catro provincias
A primeira etapa reuniu arredor de 60 participantes e percorreu 17 quilómetros pola cidade e a súa contorna
O PP de Monforte presenta alegacións á nova ponte do Malecón e pide paralizar o proxecto
Os populares cuestionan a xustificación da infraestrutura, o seu impacto na contorna, o investimento previsto, a documentación do expediente e as condicións de accesibilidade
O IES Río Cabe de Monforte disputará en Madrid a final nacional do Concurso Escolar de Educación Financeira
O centro monfortino será un dos catro representantes galegos na gran final, que se celebrará o 5 de outubro no Palacio da Bolsa
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
Eventos
A UNED de Lugo amplía a UNED Sénior a sete materias para o curso 2026-2027
A matrícula abrirá o 28 de setembro en Lugo, Sarria, Monforte de Lemos e Viveiro, cunha programación que incorpora novas materias e profesorado
O PP reclama información sobre os máis de 93.000 euros que a CHMS cobra ao Concello de Monforte
Os populares cuestionan as liquidacións pola Tarifa de Utilización da Auga e aseguran que máis de 88.000 euros corresponden a convenios anteriores a maio de 2023
O Pazo de Tor acollerá o 30 de setembro o peche presencial do programa de museoloxía social da Rede Museística de Lugo
A xornada 'O valor das palabras' reunirá a profesionais de museos e espazos culturais nun encontro participativo que coincide co 20º aniversario da Rede e do propio Pazo
Monforte achega maxia e teatro aos escolares a través do programa ‘Ler conta moito’
A Biblioteca Pública Municipal organiza dúas propostas escénicas para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, con sesións na Casa da Cultura
O Punto Limpo de Monforte pechará durante cinco días por obras de mellora
As instalacións permanecerán sen servizo do venres 25 ao martes 29 de setembro, ambos os dous incluídos, e durante ese período os residuos poderán levarse ao Centro Verde do polígono do Reboredo
Monforte inicia un plan de máis dun millón de euros para renovar o firme de rúas e pistas do municipio
O programa inclúe dez proxectos repartidos entre o núcleo urbano e varias parroquias, con actuacións que xa comezaron en distintos puntos do municipio e outras previstas para as próximas semanas
O BNG de Monforte entrega unha primeira remesa de alegacións contra o proxecto da nova ponte do Malecón
A formación nacionalista asegura que a cifra entregada corresponde só ás recollidas directamente polo partido, xa que boa parte da veciñanza optou por presentar as súas propias alegacións ou facelo a través de asociacións locais










