O Punto Limpo de Monforte pechará durante cinco días por obras de mellora

O Punto Limpo de Monforte de Lemos permanecerá temporalmente pechado desde este venres 25 ata o martes 29 de setembro, ambos os dous días incluídos, debido á execución de obras de mellora nas instalacións.
Durante este período, as persoas usuarias que necesiten depositar residuos poderán acudir ao Centro Verde situado no Polígono Industrial do Reboredo, que funcionará como alternativa mentres se prolongue o peche.
O Concello de Monforte solicita a colaboración da cidadanía durante estes días e lembra a importancia de utilizar correctamente os puntos habilitados para a recollida de residuos, co obxectivo de favorecer a súa adecuada xestión e contribuír á protección do medio ambiente.